Avances na nova fase: ComerEo da Horta á Mesa

ComerEo da horta á mesa consiste no inicio da implementación da Estratexia Alimentaria EoAlimenta, mantendo a aposta pola metodoloxía investigación-acción participativa para a implementación da mesma.

Concretamente, acomete a implementación da acción 2.3 , “Alimentos sostibles para grandes comedores”, en tres fases:

1. Diagnose de capacidades e necesidades do sector produtivo agroecolóxico e dos comedores colectivos do territorio (2022-2023)

2. Posta en marcha do proxecto piloto (2023)

3.Proceso de acompañamento técnico e capacitación (2023-2024).

Transformación/ impactos esperados na nova Fase ComerEo

  • Dende un punto de vista agroecolóxico, reequilibrar os procesos de demanda de alimentos de proximidade e autosuficiencia da conca alimentaria do Eo.
  • Contribuír á consolidación e á dignificación dos proxectos de produción agroecolóxica presentes no territorio.
  • Incentivar a creación e o aumento do número de persoas e proxectos dedicados no territorio á produción agroecolóxica. Isto último, á súa vez, terá un efecto arrastre en relación ao aumento do número de hectáreas dedicadas ao cultivo de produtos frescos así como á recuperación e posta en marcha de terras para o cultivo.
  • Aumentar e reforzar as alianzas entre os diferentes axentes vinculados directa ou indirectamente ao sistema agroalimentario.

Implicación dos axentes locais

Eo Alimenta contribúe a este proceso transformador a través do acompañamento, a articulación e a coordinación de todos os axentes vinculados ao ecosistema alimentario: proxectos produtivos, público consumidor, axentes da distribución e a comercialización e administracións públicas, cun gran poder de incidencia e transformación no sistema agroalimentario local a través da compra pública responsable.

Esta nova fase do proxecto ComerEo permite aumentar a capacitación e sensibilización de diversos axentes locais como son o alumnado, profesorado, familias e ANPAS de centros educativos, as persoas usuarias doutro tipo de comedores públicos, o persoal laboral de cociñas locais, hostalaría, persoal técnico e político de administracións públicas, etc. Contamos co compromiso do CEIP de Barreiros, o CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, o CEIP A Pontenova e o Centro de Hostalería de Foz, así como co apoio de ASCOVE, e o programa Voz Natura.

Organizacións da alianza

Nesta nova fase ComerEo aumenta o número de socios en relación á convocatoria previa e continúan o resto de socios, familiarizados co proxecto e mantendo o seu compromiso co mesmo:

  • Concellos: Ribadeo, A Pontenova, Barreiros e Trabada en Galicia, e Vegadeo, Taramundi, Castropol, Tapia de Casariego e San Tirso de Abres en Asturias.
  • Universidade de Santiago, a través do grupo HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto e Eva Quiroga, e a colaboración do investigador Emilio Carral.
  • Sindicato Labrego Galego, cun equipo situado na Mariña de Lugo, en contacto directo co sector produtivo local, envorcado na loita pola soberanía alimentaria como parte da Vía Campesiña.
  • CEDER Oscos-Eo, unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o desenvolvemento comarcal.
  • GDR Terras de Miranda, organización sen ánimo de lucro, integrada por un grupo representativo das institucións e axentes económicos da Comarca da Mariña (Galicia).
  • Fundación Edes, entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con diversidade funcional.
  • Xunta de Galicia (a través da SG de Relación cos GDR).
  • Comisionado para Reto Demográfico de Asturias
  • Deputación de Lugo
  • Asociación Interrexional InterEo.

Execución dunha diagnose sobre:
i) a capacidade produtiva do sector agroecolóxico do territorio, partindo do estudo preliminar levado a cabo polo profesor E. Carral;
ii) as barreiras, vantaxes e necesidades percibidas polo sector produtivo
agroecolóxico para abastecer a comedores colectivos.
Obxectivo da diagnose: dimensionar a capacidade de abastecemento de
alimentos para os comedores colectivos do territorio.

Estado actual: en proceso.

Investigación sobre:

i) aspectos clave da restauración colectiva do ámbito público e privado para establecer medidas efectivas que permitan incorporar a produción alimentaria agroecolóxica no curto e mediano prazo;

ii) as barreiras, vantaxes e necesidades percibidas por parte dos comedores colectivos de accións cara a abastecerse, de forma mantida no tempo, de alimentos agroecolóxicos de proximidade.

Estado actual: En proceso. Oportunidades localizadas:
Asociación Hostalaría de Ribadeo: en colaboración co concello e o Programa Víveo Máis
CEIP A Pontenova: colexio seleccionado para desenvolver o proxecto piloto no comedor escolar.

  • Análise da viabilidade económica e de abastecemento dos comedores colectivos do territorio.
  • Estudo sobre a incorporación de novas persoas produtoras 
  • Selección de comedores para participar no proxecto piloto.
  • Establecemento dos obxectivos, contidos e plan de traballo da fase de posta en marcha do proxecto piloto: establecemento de criterios nutricionais e nova estrutura dos menús, calendarios de produción, etc.
  • Apoio técnico ao sector produtivo e aos comedores.

Estado actual: comedor escolar seleccionado CEIP A Pontenova. Tivemos a primeira reunión co equipo directivo e unha segunda reunión co equipo resoponsable da cociña. Están dispostas á incorporar verduras do Eo Alimenta a partir de setembro.

  • Estimación dos consumos de materia prima anuais e cálculos das racións adecuadas para cada idade.
  • Contactos e trato cos proveedores agroecolóxicos do territorio.
  • Articulación da oferta e distribución de alimentos para proveer aos comedores participantes.
  • Asesoramento para avanzar no establecemento de criterios de sostibilidade e proximidade na compra pública alimentaria.

Estado actual: en proceso: traballando co equipo de cociña do CEIP A Pontenova e co sector da Hostalaría de Ribadeo.

Campaña de sensibilización con familias, alumnado, profesorado, equipos de monitoras/es, equipos directivos de empresas e centros educativos sobre os beneficios dunha alimentación ecolóxica, local, fresca e de tempada, incidindo especialmente nos comedores escolares.

Estado actual: en proceso, comezando o proceso de sensibilización co CEIP A Pontenova e o sector da Hostalaría de Ribadeo.

  • Para difundir o proxecto realízanse actividades para diferentes públicos: xogos infantís e showcookings en mercados; talleres de transmisión de saberes culinarios con maiores; creación da marca Restaurante do Eo.
  • Establécese colaboración co programa ambiental Voz Natura (La Voz de Galicia).
  • Elaboración de materiais didácticos.
  • Adaptación da web á nova fase do proxecto (de repositorio actual cara a web con funcionalidades comerciais).

Estado actual: en proceso. Presentado proxecto de sensiblización e difusión co programa Voz Natura para o CEIP A Pontenova.

Como parte da avaliación analizaranse os resultados obtidos, os
vínculos creados entre axentes da cadea alimentaria e a viabilidade de
incorporar novos comedores colectivos e proxectos produtivos ao
proxecto.