Encontro para a constitución da Asociación de Produtoras Eo Alimenta

Hoxe reunímonos na Finca El Cabillón para a toma de decisións relativas a constitución da Asociación de produtoras Eo Alimenta.

VISIÓN DA ASOCIACIÓN

Satisfacer, a través da produción de alimentos agroecolóxicos, o pleno
abastecemento alimentario da poboación que habita no territorio situado en torno
ao río Eo e contribuír a un cambio de modelo agroalimentario que deixe atrás os
impactos ambientais negativos que ten o modelo predominante e que contribúa a
superar a dispersión e o aillamento social das persoas que producen de xeito
agroecolóxico. Todo iso para redundar nunha maior felicidade como sociedade e
para garantir a transmisión dunha herencia sana ás novas xeracións.

MISIÓN DA ASOCIACIÓN

  • Aumentar o número de persoas que producen de xeito agroecolóxico no
    territorio, diversificar a produción agroecolóxica do territorio e contribuír á
    mellora do acceso á terra.
  • Traballar polo recoñecemento e a dignificación do sector das persoas
    produtoras para asegurar unha calidade de vida e unha proxección que
    permitan e fagan asumible habitar e traballar no rural.
  • Mellorar a organización e a unión entre as persoas produtoras, a través da
    xeración de dinámicas cooperativas e infraestruturas loxísticas de acopio e
    distribución, co obxectivo de aumentar a forza de incidencia política do noso
    colectivo.
  • Avanzar nas sinerxías entre produtoras (de cara á autosuficiencia enerxética
    e de insumos).
  • Traballar na divulgación e sensibilización en torno ao modelo de produción e
    consumo de alimentos agroecolóxicos, tanto cara fóra (a través da pedagoxía social) como internamente (autoformación).

VALORES

  • Saúde ambiental
  • Saúde persoal
  • Soberanía alimentaria
  • Xustiza social
  • Equidade (modelos de familia, capacidades diversas, procedencias diversas).