Eo Alimenta participará na Xornada “𝐀 𝐓𝐑𝐀𝐍𝐒𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐄𝐂𝐎𝐋𝐎́𝐗𝐈𝐂𝐀 𝐍𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐃𝐀𝐃𝐎 𝐏𝐀𝐑𝐀𝐃𝐀𝐍𝐓𝐀: A implicación social como panca do cambio” para compartir a nosa experiencia na elaboración da Estratexia Alimentaria. Compartiremos espazo con Miriam Leiros, de Teachers for future Spain tamén coñecidos como “profes por el futuro” que realizan accións con enfoque ecosocial en diversos centros de ensinanza e Camilo Fernández, de Inzarede, que conforma e xestiona unha rede de profesionais das Ciencias Sociais orientada a elaboración de procesos participativos e a investigación social aplicada.


Asiste á xornada, participa e contribúe ao futuro do territorio! Queremos escoitarte!