Eo Alimenta é unha estratexia de abaixo cara arriba e traballa arredor dos eixos de autonomía, participación e acción integral e reivindica a importancia do proceso, o deseño colectivo e colaborativo do plan, polo tanto, non marca un resultado pechado.

Buscamos acadar, para a biorexión Eo, un plan que permita articular a produción a pequena escala e / ou agroecolóxica coa extensión de redes e / ou diferentes modelos de comercio local local. Esta proposta contribúe á transición cara a unha sistema alimentario máis sostible no territorio, facilitando así a diversificación dos sistemas alimentarios neste territorio e a autosuficiencia e para iso o proceso centrarase en lograr a participación da sociedade no desenvolvemento colectivo dun plan agroalimentario sostible e no desenvolvemento inicial das accións derivadas do plan.

Para acadar unha estratexia alimentaria que con incidencia debemos lograr que todos os sectores interesados participen no proceso. Por iso este proceso é un convite a participar, un diálogo entre todas e todos co que acadar unha alimentación máis sana, xusta e sostible nun territorio como o Eo que ten todos os alicerces necesarios para acadalo. 

Se queres participar so tes que enviar un email a eoalimenta@usc.gal

Podes descargar o documento oficial premendo na seguinte imaxe: