Un convite a participar, unha chamada ao encontro

A alimentación é vida, precisamos dela e por tanto está en xogo a nosa propia subsistencia. Beber un vaso de leite é unha fonte de nutrintes entre os que están proteínas de alto valor biolóxico, hidratos de carbono (lactosa), lípidos, iodo, calcio, fósforo, vitaminas A, B12 e riboflavina, pero ese acto de consumo ten unhas implicacións. Tras ese grolo hai toda unha serie de procesos ata que está chega á nosa gorxa. Hai un pasto, vacas, gandeiros e gandeiras, distribuidores, intermediarios, consumidores, políticas alimentarias, mercados globais de comercialización de insumos,…Todo un entramado que moitas se nos escapa, mais compre unha toma de consciencia do papel que temos que temos como sociedade na mellora do sistema alimentario. Por un lado cómpre que este se territorialice, que estea mais achegado ao consumidor final, que haxa menos transporte de alimentos, coa sua consecuente pegada ecolóxica, e tamén polo apoio aos pequenos productores locais. Aínda que moitas das decisións tomanse fora do ámbito territorial da zona do río Eo, añinda hai marxe, hai espazo para mellorar os desequilibrios entre producción e distribución, mais para iso hai que actuar de xeito máis coordinado, aunando voces e necesidades e vendo cal pode ser o papel de cada un neste camiño cara unha transición cara modelos alimentarios máis sosteibles.

A estratexia alimentaria do Río Eo (Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova e Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego) é un compromiso, un convite a participar para pensar entre todas e todos como podemos acadar unha alimentación máis san, xusto e sostible. Trátase dun proceso aberto co que a través de diferentes encontros iremos trazando un plan coas accións correspondente que axuden a conseguir un sistema alimentario máis sostible no territorio.