ComerEo traballa coas comunidades educativas en actividades de formación, sensibilización e avaliación participativa do funcionamento do comedor, fomentando a reflexión e acción conxunta entre equipo directivo, profesorado, alumnado e equipos de cociña para mellorar ano a ano a alimentación nos centros.
Rede de centros escolares ComerEo
O comedor escolar como motor de cambio
Nesta fase, os oito centros educativos colaboraron á hora de facer a diagnose inicial, sendo dous deles os seleccionados para desenvolver o proxecto piloto: o CEIP Príncipe de Asturias (Tapia de Casariego) e o CEIP Plurilingüe A Pontenova.
CEIP Príncipe De Asturias (Tapia de Casariego)
Neste comedor participan entre 100 e 110 comensais cada día. O alumnado suma un total de entre 90 e 100 comensais, aos que se suma o profesorado, entre 8 e 10 comensais. Ademais, contan con persoal de comedor externo, un total de 5 persoas dedicadas ao coidado e supervisión do alumnado. No equipo de cociña contamos cun cociñeiro, unha persoa axudante de cociña e outra persoa para os labores de limpeza. Desde a primeira reunión, todos os colectivos mencionados mostráronse interesados no proxecto e ao longo dos meses están a demostrar o seu compromiso.
CEIP Plurilingüe A Pontenova (A Pontenova)
Neste comedor participan contorna a 120 comensais, dos cales 110 forman parte do alumnado e 7 son parte do profesorado. Neste comedor, é o profesorado o responsable da supervisión do comedor. O equipo de cociña está formado por unha cociñeira principal e outra persoa como axudante de cociña. Como dato curioso, neste comedor é o alumnado quen serve a comida, organizados en quendas semanais. Todos mostraron a súa disposición para participar no proxecto e mostran ilusión en cada actividade que propoñemos.