Estratexia Alimentaria Participativa do Eo

No territorio transfronterizo do río Eo unha rede de entidades, colectivos e persoas xuntámonos para pensar entre todas e todos como podemos acadar unha alimentación máis sostible, mais achegada á terra, ao cercano e por iso impulsamos unha Estratexia Alimentaria Participativa. O obxectivo é pensar de xeito colectivo como podemos mellorar as condicións das persoas productoras, da corresponsabilidade como consumidores. Hai marxe de maniobra para mudar e así acadar que a xente viva no territorio e que consumamos de xeito máis sán e que teña un menor impacto ecolóxico. 

Entre todas e todos podemos acadalo, súmaste?

Queres estar ao día?

Subscríbete ao noso boletín de novidades para recibir no teu correo as últimas novas de EoAlimenta:

Unha estratexia

Trátase de coordinar esforzos, de sumar apoios, de compartir unha visión e priorizar accións por unha alimentación sostible

Alimentaria

Que comemos? De onde ven? quen o produce? Podemos apoiar os productos de tempada? Sobre isto traballaremos

Participativa

Pensada entre todas e todos. Un convite ao diálogo na procura de solucións. Unha chamada a colaboración de todas e todos