O Consello Alimentario do Eo é un órgano consultivo e de participación sectorial da biorrexión do río Eo que ten por obxectivo promover un sistema agroalimentario local máis sostible, saudable e xusto. Guía a súa acción a partir dos compromisos e contidos recollidos na Estratexia Alimentaria Participativa Eo Alimenta.
Poderán ser entidades membras do CAEO todos aqueles axentes do territorio como gobernos locais, organizacións sociais e sindicais do ámbito agroalimentario, colexios profesionais, centros de investigación, grupos de desenvolvemento rural, mancomunidades, deputacións, etc., que fomenten os sistemas alimentarios locais, respectuosos co medio ambiente, sostibles, inclusivos, resilientes, seguros e diversificados que aseguren comida saudable, sostible e accesible ao conxunto da poboación, e que potencien o emprego local, en liña coas perspectivas da Agroecoloxía e a Soberanía Alimentaria. También puede participar cualquier persona con interés en este ámbito a través de los Grupos de Acción Así, as entidades asinantes comprométense a...
1
Xerar alianzas
Cooperación entre os diferentes sectores implicados no sistema alimentario (dimensión social, económica e medio ambiental) respectando aspectos de igualdade e xustiza social.
2
Propoñer solucións
Identificar e propoñer solucións innovadoras para mellorar o sistema alimentario rexional, promovendo o desenvolvemento da economía local, creando sistemas alimentarios social e medioambientalmente sostbeís e xustos.
3
Repensar o marco regulatorio
Revisar a lexislación relativa ao sistema alimentario co fin de garantir a seguridade alimentaria (dereito á alimentación).
4
Incidir nas políticas públicas alimentarias
Realizar recomendacións a gobernos e institucións públicas, incluíndo aspectos de igualdade e xustiza social no noso discurso.
5
Xerar e compartir coñecemento
Recoller, sistematizar e compartir información sobre o sistema alimentario rexional.
6
Ter un impacto positivo na sociedade
Pasar das palabras aos feitos e conseguir un impacto significativo no día a día da nosa sociedade, dende a produción ata ao consumo de alimentos.
O noso compromiso
Entre os obxectivos do Consello Alimentario do Eo descatamos:
Deseñar plans de acción
Baseados nas medidas da Estratexia Eo Alimenta.
Desenvolver ferramentas
Que permitan dar seguemento e avaliar o seu cumplimento.
Coidar e protexer os nosos dereitos
Defender o dereito á alimentación sostibel e saudabel no territorio.
Propoñer medidas de cambio sistémico
Traballar en políticas alimentarias locais baseadas na agroecolóxía e a súa visión holística e transformadora dos sistemas alimentarios.
Implicarse activamente
Participar nas asembleas do Consello Alimentario, compostas polos axentes territoriais que promovemos un sistema alimentario territorializado na biorrexión do río Eo.
Compartir saberes
Fomentar a cooperación e o intercambio de coñecemento para a innovación en políticas alimentarias e na mellora da gobernación nos sistemas alimentarios locais.