Eo Alimenta

ComerEo

Mediante o Programa ComerEo, grazas ao apoio económico da Fundación Daniel & Nina Carasso e o Área de Medio Rural da Diputación de Lugo, desenvolvemos cos comedores de xestión directa un programa de formación individualizada co obxectivo de facilitar unha transición cara menús de tempada, baseados na incorporación de alimentos frescos, de tempada, locais e ecolóxicos.

Un proceso gradual e adaptado á realidade de cada comedor

Co obxectivo de que o proceso de cambio sexa gradual e sostíbel para todos os axentes implicados, facilitamos servizos de asesoramento e seguemento técnico nos diferentes eidos.

Estudo das necesidades e planificación do fornecemento

Traballamos xunto aos equipos de cociña e de nutricionistas no estudo previo das necesidades de produto requerido ao longo dun ano en función da composición dos menús, adaptandoos á oferta de alimentos de tempada. A partir de aí, coordinamos a organización e planificación coas persoas agricultoras para dispor dunha oferta diversa e adaptada, procurando optimizar progresivamente a coordinación entre as demandas dos equipos de cociña e as programacións de cultivos das persoas produtoras.

Facilitación da xestión dos pedidos e venda conxunta

Facilitamos a implementación de ferramentas dixitais que  axilicen a xestión diaría dos pedidos, tanto para a demanda dos equipos de cociña coma para a planificación por parte das produtoras locais.

Acompañamento á comunidade educativa e ao equipo de cociña

Realizamos actividades de sensibilización e formación dirixidas ao alumnado, profesorado, familias e equipos de cociña sobre os beneficios dunha alimentación ecolóxica, local, fresca e de tempada.

O comedor escolar como espazo clave

O comedor é un espazo clave para garantirnos educar en hábitos de vida saudábeis, valores de sostenibilidade e unha oportunidade para tecer vínculos e aprendizaxes coa nosa contorna e territorio. Para facilitar a incorporación de alimentos de tempada, ecolóxicos e locais nos menús escolares, traballamos en diferentes niveis con todos os perfís da comunidade educativa que participan día a día no comedor escolar:
Logo
Subscríbete a nuestro boletín de novedades para recibir en tu correo las últimas noticias de EoAlimenta:
Ponte en contacto coordinacion@eoalimenta.org
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.
Esta web está subvencionada a través da área de Medio Rural,Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
Update cookies preferences