Estratexia Alimentaria Participativa do Eo
No territorio transfronterizo do río Eo unha rede de entidades, colectivos e persoas xuntámonos para pensar entre todas e todos como podemos acadar unha alimentación máis sostible, mais achegada á terra, e máis saudable, por iso impulsamos a Estratexia Alimentaria Participativa do Eo.
O obxectivo é pensar de xeito colectivo como podemos satisfacer, a través da produción de alimentos agroecolóxicos, o pleno abastecemento alimentario da poboación que habita no territorio situado en torno ao río Eo.
Hai marxe de maniobra para mudar e así acadar que a xente que habitamos o territorio poidamos alimentarnos de xeito máis sán e con menor impacto ecolóxico.
Entre todas e todos podemos acadalo, súmaste?
Podes consultar a Estratexia completa premendo na imaxe:
Últimas novas
Para que esteas ao tanto da actualidade de EoAlimenta
Queres estar ao día?
Subscríbete ao noso boletín de novidades para recibir no teu correo as últimas novas de EoAlimenta:
Unha estratexia
Trátase de coordinar esforzos, de sumar apoios, de compartir unha visión e priorizar accións por unha alimentación sostible
Alimentaria
Que comemos? De onde ven? quen o produce? Podemos apoiar os productos de tempada? Sobre isto traballaremos
Participativa
Pensada entre todas e todos. Un convite ao diálogo na procura de solucións. Unha chamada a colaboración de todas e todos