Tras a xornada de arranque e o encontro sobre xénero e agoralimentación, Eo Alimenta celebra o próximo 18 de xuño outra sesión pública. Nesta ocasión celebrarase unha xuntanza entre productores e productoras coa intención de ver quie accións se poden impulsar para acadar un traballo máis coordinado.
A Estratexia Alimentaria Participativa do Eo, que abrange os concellos de (Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova e San Tirso de Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego, continua celebrando encontros cos que ir tecendo un sistema alimentario máis sostible. Entre as accións que demandan os propios productores é de traballar de xeito máis coordiando, compartir folgos e tecer máis redes de apoio mutuo. Por eso motivo o 18 de xuño celebrarase a xornada pública Encontro de productoras/es. Que podemos facer en conxunto?. O encontro comezará as 19:00 na sede da Fundación Edes no Cabillón, Tapia de Casariego (Asturies).
A xornada que terá unha duración dunha hora e media comezará cunha breve presentación do proxecto Finca el Cabillón, e continuará cunha dinámica de traballo artellado a través de catro mesas de traballo Organización Mínima de Produción Conxunta, Mesa de traballo Loxística e Planificación, Mesa de traballo Gobernanza Interna (Asociación ou non, normas…), Mesa de traballo Sensibilización Cidadá. O obxectivo do encontro é acadar unha maior coordinación entre os productores da zona, polo que se anima a conseguir unha alta participación, para así poder ver que medidas se poden poñer en marcha na Estratexia Alimentaria Participativa que se está deseñando na actualidade.
Eo Alimenta é un proxecto impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupos HISTAGRA e GALABRA; así como os concellos de Ribadeo e Vegadeo, o Sindicato Labrego Galego, a Fundación EDES – Finca El Cabillón, O GDR Oscos-Eo, O GDR Terras de Miranda e conta co apoio da prestixiosa Fundación Daniel e Nina Carasso. A Estratexia está aberta á participación e combina sesións públicas e internas de traballo, polo que está aberta a participación de máis persoas, para iso so hai que enviar un email a eoalimenta@usc.gal ou comunicarse mediante a web www.eoalimenta.org
CARTEL DE LA JORNADA: