Software Engineering

IV Encontro do Consello Alimentario do Eo

📅 Anotade o 19 de decembro!


🌱 Estamos ás portas do IV Consello Alimentario do Eo, que se celebrará o vindeiro 19 de decembro no Concello de Barreiros.

🔎 Pero, que é un CONSELLO ALIMENTARIO?
É o órgano consultivo e de participación que ten como obxectivo promover un sistema agroalimentario local máis sostible, saudable e xusto.

🤔 E que é exactamente o que fai?
Guía a súa acción a partir dos compromisos e contidos recollidos na Estratexia Alimentaria Participativa Eo Alimenta.

🤝 Se vivo na biorexión do Eo, podo participar?
Poderán ser entidades membras do CAEO todos aqueles axentes do territorio como gobernos locais, organizacións sociais e sindicais do ámbito agroalimentario, colexios profesionais, centros de investigación, grupos de desenvolvemento rural, mancomunidades, deputacións, etc., que fomenten os sistemas alimentarios locais, respectuosos co medio ambiente, sostibles, inclusivos, resilientes, seguros e diversificados, que aseguren comida saudable, sostible e accesible ao conxunto da poboación, e que potencien o emprego local, en liña coas perspectivas da Agroecoloxía e a Soberanía Alimentaria.

🌟 E tamén pode participar calquera persoa con interese neste ámbito a través dos Grupos de Acción.

Podes inscribirte neste formulario: https://forms.gle/Ng1JCBSqTJXg6gPJ8

💚 Avanzar é posible grazas ao apoio económico da Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Caja Rural Asturiana.

🍴 Convidámosvos a cociñar unha nova alimentación para o Eo!

Otras publicaciones

Logo
Subscríbete a nuestro boletín de novedades para recibir en tu correo las últimas noticias de EoAlimenta:
Ponte en contacto coordinacion@eoalimenta.org
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.
Esta web está subvencionada a través da área de Medio Rural,Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
Update cookies preferences