Así foi o IV Consello Alimentario do Eo! 🌱🍎
O pasado 19 de decembro celebramos no Concello de Barreiros o IV Consello Alimentario do Eo, un espazo de encontro e participación para avanzar cara a un sistema agroalimentario máis sostible, saudable e xusto.
🗣️ Qué compartimos? Durante o evento, abordamos cuestións clave para o futuro da alimentación na nosa biorexión, destacando temas como:
- Os avances na implementación da Estratexia Alimentaria Participativa Eo Alimenta.
- Experiencias de colaboración entre gobernos locais, asociacións, centros educativos e grupos de desenvolvemento rural.
- Propostas para fortalecer os sistemas alimentarios locais baseados na Agroecoloxía e na Soberanía Alimentaria.
🤝 Un encontro plural e inspirador. O evento contou coa participación de máis de 40 persoas e entidades comprometidas co desenvolvemento da nosa biorexión. Entre elas destacaron:
- Representantes institucionais como Olga Alonso Alonso (Dirección General de Salud Pública y Atención a la Salud Mental, Asturias), José Ramón Feito (Xerente da Comisión Rexional do Banco de Terras de Asturias), Daniel García, deputado de Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo, Ana Ermida, Montserrat Porteiro Sánchez e outros membros do Concello de Barreiros, Pedro Fernández (concello Tapia de Casariego), Francisco López (Concello de Santalla de Oscos), César Brillabrille (Concello de Taramundi), Marta Saiz e Daniel Vega (concello de Ribadeo), Roberto Fernández (concello de Ribeira de Piquín), Claudia (concello de Castropol), etc.
- Produtores e iniciativas locais como Jose Antonio Lebredo Fernández (froitas e gocho asturcelta), Antonio (F. EDES-Finca El Cabillón), Breogán (Breogainas Soc. Coop.), Marta (As Fadegas ), Elvira (Muiñeiras de Requiande) entre outros.
- Organizacións e colectivos clave como a Asociación de Produtoras Eo Alimenta, o Sindicato Labrego Galego, RETA, Asoporcel, Fundación Edes (Programa Volver al Pueblo), CEDER Oscos-Eo, GDR Terras de Miranda, GDR Montes e Vales Orientais, etc.
- Expertos en investigación e formación como Emilio Carral (USC).
💡 Momentos destacados:
- A intervención das persoas representantes dos centros educativos que nos deixaron abraiadas co grao de compromiso que teñen co fomento dunha alimentación máis saudable.
- A intervención dos gobernos locais que compartiron iniciativas inspiradoras no ámbito da sostibilidade alimentaria.
- O debate participativo nos Grupos de Acción, onde moitas persoas interesadas aportaron ideas e solucións innovadoras.
- Unha degustación final de produtos locais que puxo en valor a calidade e a diversidade da nosa contorna.
🤝 Grazas a todas e todos! O evento foi posible grazas ao compromiso de persoas, colectivos e institucións que se sumaron a esta iniciativa. Un agradecemento especial á Daniel García, responsábel da Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo Vicepresidencia. Deputación de Lugo polo seu firme apoio ás producións locais e á soberanía alimentaria. Esta colaboración é a base para consolidar iniciativas como a Asociación de Produtoras Eo Alimenta, centrada na planificación e distribución conxunta de alimentos do territorio, demostrando que o futuro agroalimentario sostible é posible grazas ao compromiso colectivo.
Queremos agradecer tamén ao Concello de Barreiros, que nos acolleu con toda a súa amabilidade e nos deu todas as facilidades para que o encontro fose un éxito. O seu compromiso coa Estratexia Eo Alimenta é un exemplo de colaboración para un futuro mellor para a nosa biorrexión.
🌟 E agora? Seguiremos traballando xuntos para construír un modelo alimentario que coide da nosa saúde, do medio ambiente e da economía local. Se queres sumarte, non dubides en contactar connosco ou participar nos próximos Grupos de Acción.
🫶 Grazas por cociñar con nós unha nova alimentación para o Eo!