Software Engineering

Aberto a comentarios o borrador da estratexia alimentaria Eo Alimenta

O Proxecto Eo Alimenta atópase na fase final de elaboración da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta. Neste enlace pódese consultar o documento borrador da estratexia, e calquera aportación, comentario ou suxerencia que calquera persoa queira facer, pode ser feita a través do correo eoalimenta@usc.gal

O proceso de elaboración participativa da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta non xorde da noite á mañá, senón que o seu xermolo débese a todo o traballo e a traxectoria de numerosas persoas e proxectos que dende hai anos apostan neste territorio pola sustentabilidade do sistema alimentario.

A partir de ahí, o proceso levado a cabo ata chegar ata o presente documento, estructurouse en tres fases diferentes (ver figura 1), nas que se foron combinando diversos espazos, métodos e formatos para incorporar a diversidade de voces (dos ámbitos social, económico e público) presentes no territorio.

Fase de diagnose. Nesta fase inicial, levouse a cabo unha análise de fontes bibliográficas relacionadas con estudos, investigacións e políticas públicas relacionadas co sistema agroalimentario e a realización de diversas entrevistas e enquisas online. Todo esto permitiu obter un diagnóstico co que poder comezar a fase de deliberación e construción da estratexia.

Fase de deliberación e propostas. Entre os meses de maio de 2021 e febreiro de 2022, celebráronse diversas mesas de traballo, reunións, actividades públicas e xornadas de traballo nas que se foron traballando e acordando conxuntamente os obxectivos, as problemáticas e as accións que a estratexia alimentaria debía incluir.

Fase de síntese. Nesta fase, comprendida entre os meses de febreiro e abril de 2022, leváronse a cabo unha serie de reunións e contactos dirixidos a contrastar a estratexia e incluir as últimas aportacións e modificacións por parte das persoas e axentes participantes na elaboración do documento.

Otras publicaciones

Logo
Subscríbete a nuestro boletín de novedades para recibir en tu correo las últimas noticias de EoAlimenta:
Ponte en contacto coordinacion@eoalimenta.org
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.
Esta web está subvencionada a través da área de Medio Rural,Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
Update cookies preferences