Software Engineering

Encontro pola alimentación saudable nos comedores escolares

O pasado venres 13 de setembro, de 11:00 a 12:30 en Vegadeo, celebramos o Encontro pola Alimentación Saudable nos Comedores Escolares. Este evento reuniu a diversas entidades públicas e privadas co obxectivo de avanzar na transformación da biorrexión do Eo a través da alimentación agroecolóxica. No encontro participaron docentes e responsables de cociña dos centros educativos, alcaldes e alcaldesas, así como representantes da asociacións de produtoras Eo Alimenta, o grupo motor do Eo Alimenta e outras entidades relacionadas.

Durante o evento, presentouse o proxecto Eo Alimenta e a evolución do Programa ComerEo. Compartiuse un resumo do Curso 23-24, destacando prototipos e casos de éxito no CEIP Plurilingüe A Pontenova e no CP Príncipe de Asturias (Tapia de Casariego). A continuación, discutíronse as propostas para o Curso 24-25, abordando a metodoloxía, as guías para o profesorado e os comedores, e o plan de acompañamento. Finalmente, durante o café, os asistentes tiveron a oportunidade de dialogar e intercambiar ideas.

Podemos ter alimentos agroecolóxicos nos comedores escolares do Eo?

Para garantir un abastecemento adecuado dos comedores escolares, é fundamental abordar varios aspectos clave. Primeiro, é esencial contar con unha rede sólida de produtores locais que poidan fornecer verduras frescas e de calidade. Ao longo do último ano, a rede de produtoras en ecolóxico da biorrexión estivo traballando na constitución da Asociación de Produtoras Eo Alimenta, demostrando un compromiso real neste obxectivo. Porén, é necesario ser realistas. Facendo a estimación da capacidade de abastecemento actual das produtoras locais, podemos satisfacer aproximadamente o 10% da demanda total por parte dos comedores. Esta cifra permítenos comezar neste proceso, poñendo de manifesto a necesidade de novas incorporacións ao sector de produción hortícola agroecolóxica.

Outro aspecto importante é a formación e o apoio ao persoal de cociña nos centros escolares. Proporcionar capacitación sobre prácticas de cociña saudable, introdución dos alimentos agroecolóxicos e de tempada, adaptando os menús a dispoñibilidade dos mesmos é esencial. Neste proceso estivemos traballando durante o pasado curso 23/24 cos centros educativos que formaron parte do proxecto piloto ( CEIP  Plurilingüe A Pontenova e CP Príncipe de Asturias) e seguiremos neste curso 24/25 incluíndo aos demais centros educativos da biorrexión: CP La Paloma (Castropol), CP  Jovellanos (A Veiga), CEIP  Celso Currás (Trabada), CEIP de San Cosme (Barreiros), CEIP  de San Miguel de Reinante (Barreiros) e CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo).

Neste novo curso escolar, contamos cunha planificación de cultivos comprometida por parte da Asociación de Produtoras Eo Alimenta. Temos a estimación da dispoñibilidade de alimentos agroecolóxicos para o 1º trimestre, así como unha ferramenta dixital que nos permite compartir a dispoñibilidade exacta cada semana. Esta ferramenta chámase POD, e trátase dunha plataforma de venta conxunta especialmente deseñada para este tipo de proxectos polo emprendemento Plant on Demand. Nesta ligazón podes investigar sobre ela.

Ademais, ofrecemos novas ferramentas tanto para o profesorado como para o equipo de cociña, como é o caso de menús tipo cos alimentos agroecolóxicos incluídos segundo a dispoñibilidade real na biorrexión do río Eo, así como guías didácticas:

Este proxecto é posible gracias ao apoio económico da Área de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Diputación de Lugo e a Fundación Daniel e Nina Carasso.

Otras publicaciones

Logo
Subscríbete a nuestro boletín de novedades para recibir en tu correo las últimas noticias de EoAlimenta:
Ponte en contacto coordinacion@eoalimenta.org
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.
Esta web está subvencionada a través da área de Medio Rural,Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
Update cookies preferences