Hoxe reunímonos na Finca El Cabillón para a toma de decisións relativas a constitución da Asociación de produtoras Eo Alimenta.
VISIÓN DA ASOCIACIÓN
Satisfacer, a través da produción de alimentos agroecolóxicos, o pleno
abastecemento alimentario da poboación que habita no territorio situado en torno
ao río Eo e contribuír a un cambio de modelo agroalimentario que deixe atrás os
impactos ambientais negativos que ten o modelo predominante e que contribúa a
superar a dispersión e o aillamento social das persoas que producen de xeito
agroecolóxico. Todo iso para redundar nunha maior felicidade como sociedade e
para garantir a transmisión dunha herencia sana ás novas xeracións.
MISIÓN DA ASOCIACIÓN
- Aumentar o número de persoas que producen de xeito agroecolóxico no
territorio, diversificar a produción agroecolóxica do territorio e contribuír á
mellora do acceso á terra. - Traballar polo recoñecemento e a dignificación do sector das persoas
produtoras para asegurar unha calidade de vida e unha proxección que
permitan e fagan asumible habitar e traballar no rural. - Mellorar a organización e a unión entre as persoas produtoras, a través da
xeración de dinámicas cooperativas e infraestruturas loxísticas de acopio e
distribución, co obxectivo de aumentar a forza de incidencia política do noso
colectivo. - Avanzar nas sinerxías entre produtoras (de cara á autosuficiencia enerxética
e de insumos). - Traballar na divulgación e sensibilización en torno ao modelo de produción e
consumo de alimentos agroecolóxicos, tanto cara fóra (a través da pedagoxía social) como internamente (autoformación).
VALORES
- Saúde ambiental
- Saúde persoal
- Soberanía alimentaria
- Xustiza social
- Equidade (modelos de familia, capacidades diversas, procedencias diversas).