Software Engineering

Entramos na última fase do proxecto piloto "ComerEo, da horta á mesa"

Seguimos celebrando cada paso no ComerEo! Cada mes que pasa, máis preto do noso obxectivo: incluir alimentos agroecolóxicos nos comedores escolares a través dun menú equilibrado e nutritivo, adaptado a temporalidade de cada cultivo e involucrando ás comunidades educativas!

Onte rematabamos a segunda fase do proxecto. A primeira fase foi de análise e diagnose da xestión dos hábitos alimentarios e do comedor de cada un dos colexios que forman parte deste proxecto experimental, CEIP A Pontenova  e CEIP Principe De Asturias no concello de Tapia de Casariego.

A segunda fase era a de activación da comunidade educativa, para o que tivemos sesións de escoita e cocreación co profesorado da que saíron varias accións tanto para realizar co alumnado como coas familias.

🎒

Confirmamos que existe interese do profesorado por implantar unha mellora no centro.

🍽️

Fixemos obradoiros para todo o alumnado onde cociñaron merendas saudables e sostibles.

🥕

Escoitamos as ideas e peticións das familias.

👩🏼‍🏫

Planificamos as actividades para a próxima fase.

📈

Celebramos os logros acadados ata o momento.

Dende a coordinación técnica do Eo Alimenta, agradecemos a labor de Lucas e Saray, responsables do deseño e desenvolvemento das actividades do ComerEo.

Seguimos entusiasmadas e agradecidas pola boa acollida que tiveron as accións realizadas.

Como din a través do Ultralimento:

Continuamos a alimentar o cambio de hábitos para unha vida sostible a través da alimentación e a imaxinación.

Seguiremos informando dos avances neste proxecto

😉

.

Otras publicaciones

Logo
Subscríbete a nuestro boletín de novedades para recibir en tu correo las últimas noticias de EoAlimenta:
Ponte en contacto coordinacion@eoalimenta.org
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.
Esta web está subvencionada a través da área de Medio Rural,Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
Update cookies preferences