Software Engineering

Eo Alimenta presenta públicamente dous novos hitos do proxecto: a Estratexia Alimentaria e o Festival da Alimentación Sustentable.

O vindeiro xoves, 30 de xuño, ás 19.00 horas, no Espazo APEGO da Casa de Cultura de Ribadeo (rúa Antonio Otero), terá lugar a presentación pública da Estratexia Alimentaria Eo Alimenta e do Festival da Alimentación Sustentable do Eo.

En dita presentación, contaremos coa presenza de persoas representantes dos diferentes axentes que impulsan o proxecto Eo Alimenta: persoas produtoras, concellos, persoas consumidoras, grupos de desenvolvemento rural, universidade e sindicatos agrarios.

Pola súa banda, contaremos con representantes do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo, organismo que financia o Festival da Alimentación Sustentable do Eo, que se celebrará os días 23 e 24 de setembro en diferentes espazos da vila de Ribadeo. Dous días que aunarán ocio e concienciación en torno á alimentación de proximidade e agroecolóxica, a través de diferentes actividades e propostas (concertos, obradoiros, performance, catas, feira, etc.) que darán respostas aos principais retos que afrontamos na actualidade en relación ao modelo de produción, distribución e consumo de alimentos.

A Estratexia Alimentaria Eo Alimenta, que será presentada ese día, elaborouse participativamente durante a primeira fase do proxecto, e consiste nun documento con 11 medidas e 33 accións para impulsar o consumo de proximidade, a produción agroecolóxica e a sensibilización en torno á importancia dun modelo de alimentación de proximidade para a nosa saúde.

Eo Alimenta comeza agora a súa fase de implementación, nun contexto sociopolítico que pon de manifesto a necesidade de avanzar cara modelos de produción, distribución e consumo de proximidade que poidan resistir a inestabilidade da economía global.

Otras publicaciones

Logo
Subscríbete a nuestro boletín de novedades para recibir en tu correo las últimas noticias de EoAlimenta:
Ponte en contacto coordinacion@eoalimenta.org
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.
Esta web está subvencionada a través da área de Medio Rural,Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
Update cookies preferences