Durante a recén celebrada Asemblea anual da Red de Municipios por la Agroecología, e a proposta do seu Consejo de Organizaciones Sociales (COS), esta organización ven de outorgar por vez primeira en 2022 un total de cinco premios ás mellores prácticas en materia de políticas alimentarias locais.
O premio foi recollido por unha representación de Eo Alimenta formada por María Celis, produtora de Finca El Cabillón; César Mourelle, presidente de InterEo e alcalde de Vegadeo; Jonatan Estraviz, membro do grupo motor; e Adrián Gallero, coordinador do proxecto.
Os premios outorgounos un xurado imparcial proposto polo COS e formado en 2022 por Isa Álvarez, Isa Vara e Olga Conde. Coas boas prácticas premiadas irase construíndo un catálogo aberto, a modo de Inventario das mellores prácticas en materia de políticas alimentarias locais, que será colgado na páxina web da Red e que se difundirá periódicamente.
O obxectivo é premiar as mellores prácticas que se vaian desenvolvendo cada ano e contribuir así a visibilizar e dar a coñecer o traballo que as entidades locais están realizando para avanzar cara unha alimentación máis sustentable e saudable para todo o mundo.
Neste sentido, os concellos de Ribadeo e San Tirso de Abres aprobaron recentemente en Xunta de Gobierno o seu compromiso de adherirse próximamente á Red de Municipios por la Agroecología.