Software Engineering

Fundación Carasso renova a súa aposta pola financiación de Eo Alimenta

A Fundación Daniel y Nina Carasso ven de comunicarnos que o seu patronato validou o apoio económico á proposta presentada por Eo Alimenta baixo o nome “ComerEo, de la huerta a la mesa” cun importe de 53.000€, trala recomendación positiva do xurado.

Dito xurado, composto por Eva García, María Coto, Daniel López, Viviana Urani e Daniel Gaitán, valorou moi positivamente o traballo de Eo Alimenta durante os seus dous primeiros anos de andanza, así como o feito de que afonde o traballo de coordinación e liderado do sector produtivo e a súa articulación con procesos de compra pública. Asimesmo, valorou moi positivamente o traballo de colaboración entre Universidade de Santiago de Compostela e o territorio, aunando así a perspectiva académica coa realidade do terreo.

ComerEo de la huerta a la mesa será o inicio da implementación da Estratexia Alimentaria EoAlimenta, pioneira a nivel estatal en canto desenvolvida entre axentes de dúas comunidades autónomas: Galicia e Asturias. ComerEo mantén a aposta pola metodoloxía investigación-acción participativa para a implementación da estratexia.

Concretamente, acomete a implementación da acción 2.3 da mesma, “Alimentos sustentables para grandes comedores”, en tres fases: diagnóstico de capacidades e necesidades do sector produtivo agroecolóxico e dos comedores colectivos do territorio en relación ao abastecemento a base de produtos agroecolóxicos de proximidade (2022-2023), posta en marcha do proxecto piloto (2023) e proceso de acompañamento técnico e capacitación (2023- 2024). Todo a fin de continuar co proceso de participación que permita, dende unha ollada agroecolóxica, reequilibrar os procesos de demanda de alimentos e autosuficiencia da bacía alimentaria do Eo.

O proxecto aquí presentado pretende implementar, de forma piloto, as accións da estratexia relativas á compra responsable de alimentos de tempada, proximidade e agroecolóxicos por parte dunha selección de axentes públicos e privados do territorio. Neste senso, e seguindo cunha metodoloxía de traballo participativa, esta proposta plantexa o traballo en dúas direccións: i) o traballo co grupo de persoas produtoras creado durante o proceso de elaboración da estratexia, para organizar a produción, seguir articulando o sector produtivo agroecolóxico do territorio e articular a oferta e distribución de alimentos para proveer aos comedores participantes no proxecto; ii) traballar cunha selección de comedores públicos (centro educativo, centro de día, etc.) e privados (sector da restauración, sector marítimo) para que inicien a compra de alimentos de tempada, proximidade e agroecolóxicos para alimentar ás súas persoas usuarias.

Desta forma, Eo Alimenta pretende contribuir a consolidar no territorio unha demanda de alimentos agroecolóxicos e de proximidade que permita contribuír á consolidación e a dignificación dos proxectos de produción agroecolóxica do territorio, así como incentivar a creación e o aumento do número de persoas e proxectos adicados no territorio á produción agroecolóxica. Esto último, á súa vez, terá un efecto arrastre en relación ao aumento do número de hectáreas adicadas ao cultivo de produtos frescos así como á recuperación e posta en marcha de terras para o cultivo. Por outro lado, este proxecto permitirá aumentar a capacitación e sensibilización de diversos axentes locais como son o alumnado, profesorado, familias e ANPAS de centros educativos, as persoas usuarias doutro tipo de comedores públicos, o persoal laboral de cociñas locais, persoal técnico e político de administracións públicas, etc. Por último, este proxecto contribuirá a aumentar e reforzar as alianzas entre os diferentes axentes vinculados directa ou indirectamente ao ecosistema alimentario.

Eo Alimenta contribúe a este proceso transformador a través do acompañamento, a articulación e a coordinación de todos os axentes vinculados ao ecosistema alimentario: proxectos produtivos, público consumidor, axentes da distribución e a comercialización e administracións públicas, cun gran poder de incidencia e transformación no ecosistema alimentario local a través da compra responsable.

Otras publicaciones

Logo
Subscríbete a nuestro boletín de novedades para recibir en tu correo las últimas noticias de EoAlimenta:
Ponte en contacto coordinacion@eoalimenta.org
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.
Esta web está subvencionada a través da área de Medio Rural,Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
Update cookies preferences