O Grupo HISTAGRA está a desenvolver o convenio coa Fundación Carasso, ComerEo da horta á mesa. No territorio transfronterizo do río Eo unha rede de entidades, colectivos e persoas xuntámonos para pensar entre todas e todos como podemos acadar unha alimentación máis sostible, mais achegada á terra, ao cercano e por iso impulsamos unha Estratexia Alimentaria Participativa. O obxectivo é pensar de xeito colectivo como podemos mellorar as condicións das persoas productoras, da corresponsabilidade como consumidores. Hai marxe de maniobra para mudar e así acadar que a xente viva no territorio e que consumamos de xeito máis sán e que teña un menor impacto ecolóxico.
Por este motivo convócase unha praza de persoal investigador e de apoio á investigación a través dunha convocatoria pública aberta da USC:
Máis información na seguinte ligazón (a praza de ComerEo atópase na pax. 63 do anexo, Ref. Praza: 2022-PO027)
https://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/5754_gl.pdf