A Casa de Cultura de Tapia de Casariego acollerá o vindeiro venres 5 de abril, o terceiro encontro do Consello Alimentario do Eo.
Animamos a todas as persoas, entidades e axentes do territorio con ganas de participar na construción dun sistema alimentario san, sostible e local a que formen parte do Consello Alimentario do Eo, que se articulou en outubro do 2023 como órgano de consulta, proposta e supervisión das políticas alimentarias que leven a cabo na biorrexión do río Eo.
A iniciativa Eo Alimenta, que xurdiu en plena pandemia, orixinou a Estratexia Participativa Eo Alimenta, que ten por obxectivo que o territorio bañado polo río Eo e toda a súa poboación póidase alimentar do que produce este territorio de forma agroecolóxica. Concellos, persoas produtoras, sindicatos agrarios, persoas consumidoras, grupos de desenvolvemento local, universidade… traballaron conxuntamente para elaborar este plan.
É unha iniciativa pioneira a nivel estatal, xa que se trata da primeira das súas características elaborada participativamente entre axentes e población de dúas comunidades autónomas: Galicia e Asturias. A estratexia aplícase en cinco municipios asturianos (Vegadeo, San Tirso de Abres, Taramundi, Castropol e Tapia de Casariego) e catro galegos (Trabada, Ribadeo, Barreiros e A Pontenova).
O ámbito de traballo do Consello inclúe o sistema agroalimentario en todas as súas acepcións, e comprende todas as dimensións da cadea alimentaria (produción, transformación, transporte, distribución, venda e consumo), así como as dimensións transversais que implica este concepto (agroecoloxía, xustiza social, educación, saúde, democracia, ecoloxía e respecto por medio ambiente).
Os obxectivos do Consello Alimentario do Eo son:
Xerar alianzas: Cooperación entre os diferentes sectores implicados no sistema alimentario (dimensión social, económica e medio ambiental) respectando aspectos de igualdade e xustiza social.
Propoñer solucións: Identificar e propoñer solucións innovadoras para mellorar o sistema alimentario rexional, promovendo o desenvolvemento da economía local, creando sistemas alimentarios social e medioambientalmente sostibles e xustos.
Repensar o marco regulatorio: Revisar a lexislación relativa ao sistema alimentario co fin de garantir a seguridade alimentaria (dereito á alimentación).
Incidir nas políticas públicas alimentarias: Realizar recomendacións a gobernos e institucións públicas, incluíndo aspectos de igualdade e xustiza social.
Xerar e compartir coñecemento: Recoller, sistematizar e compartir información sobre o sistema alimentario rexional.
Ter un impacto positivo na sociedade: Pasar das palabras aos feitos e conseguir un impacto significativo no día a día da nosa sociedade, desde a produción ata ao consumo de alimentos.
https://forms.gle/nm4p1688kxK4bn969