Software Engineering

Xénero e agroalimentación a debate o 29 de maio en Vegadeo

A Estratexia Alimentaria Participativa de Eo é un proceso aberto a toda a cidadanía co que se busca de xeito colectivo determinar como podemos mellorar a cadea alimentaria da bacía do río Eo. Polo tanto, esta estratexia debe definir cales son as formas de produción e consumo máis sostibles para este territorio, así como han determinarse as accións que deben estar dirixidas a acadar unha renda digna para os produtores. Trátase de prestar atención, por un lado, a quen, en que condicións, como e onde se producen, comercializan e distribúen os alimentos e, por outro lado, é importante tamén pensar en quen, onde e como se asume a corresponsabilidade de garantir esta alimentación.

Neste proceso, será fundamental analizar e abordar os procesos de desigualdade de xénero que operan ao longo da cadea alimentaria na bacía do río Eo. Comprender esta realidade é un primeiro paso para ver que medidas hai que tomar para transformar as desigualdades de xénero ou abordar a importancia dos alimentos na vida e todo o que isto implica para situar a vida no centro dos procesos. Avanzar cara sistemas alimentarios máis xustos e sostibles ten implicacións que van máis alá de mitigar o uso de combustibles fósiles ou xerar unha pegada ecolóxica menor, tamén debe implicar un reequilibrio das desigualdades, tanto de xénero como de orixe.

Con este desexo, o sábado 29 de maio ás 12:00 terá lugar na Casa da Cultura de Vegadeo (Asturias) a xornada Xénero e Sistema Agroalimentario, que ten como obxectivo iniciar un debate sobre estas cuestións, co obxectivo de que esto se impregnado no documento final da Estratexia alimentaria. Na xornada contaremos coa presenza de Isabel Vilalba, labrega e secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e Isabel Feito, investigadora do programa forestal SERIDA e activista. A sesión é pública e é unha chamada aberta para compartir reflexións sobre estes temas.


Otras publicaciones

Logo
Subscríbete a nuestro boletín de novedades para recibir en tu correo las últimas noticias de EoAlimenta:
Ponte en contacto coordinacion@eoalimenta.org
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.
Esta web está subvencionada a través da área de Medio Rural,Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
Update cookies preferences