O vindeiro día 15 celébrase na Pontenova unha xornada de formación e lecer EoAlimenta.
PROGRAMA:
9:30 h – 10:30 h REUNIÓN DO GRUPO MOTOR para tratar o lanzamento da nova fase de traballo e a constitución do Consello Alimentario.
10:30-11:00 h PAUSA-CAFÉ
11:00 h – 12:00 h CHARLA OBRADOIRO IMPARTIDO POR JORGE BLANCO, XERENTE DA RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO SOBRE O PROCESO DE CREACIÓN DA MARCA DE CALIDADE DE PRODUTOS DA RESERVA.
12:30 h PROPOSTA DE LECER OPCIONAL: CONVITE PARA FACER O ROTEIRO GUIADO Á MINA CONSUELO E DESCENSO EN TIROLINA*.
14:30 h FIN DA XORNADA
*Trátase dun roteiro guiado a través do patrimonio industrial ligado á explotación do ferro na Pontenova. A visita inclúe a entrada á Mina Consuelo, a única galería mineira aberta ao público en Galicia. Quen o desexe poderá lanzarse pola tirolina xigante. A duración da actividade é de dúas horas aprox. Cómpre traer calzado axeitado para facer sendeirismo.
Data límite para a confirmación: luns 13 de marzo
Inscricións: https://forms.gle/v56fCMjZ8WYkDiuW8