Software Engineering

Eo Alimenta participa no Mercado Ecoloxico de Vegadeo o 4 de setembro

Como ven sendo habitual, case xa 20 anos, Vegadeo celebra o Mercado Ecolóxico, que nesta ocasión terá lugar o 4 e 5 de setembro deste ano. Este Mercado substitúe, debido ao COVID á tradicional Eco 21 – Muestra de agricultura ecológica y desarrollo sostenible de Oscos-Eo. Participarán nesta cita máis de 30 expositores que se instalarán no Parque del Medal. Haberá produtos como queixo, pan, aceite, sidra, viño, ostras, cervexas e especialmente produtos de horta de proximidade. Nesta ligazón tedes máis información https://www.facebook.com/eco21vegadeo/

A Estratexia Alimentaria Participativa Eo Alimenta estará presente o sábado 4 de setembro de 17 a 18h nun Micro Aberto, que como ao igual que no Mercado dos Domingos de Ribadeo, sirva como lugar de encontro co que explicar que é unha estratexia alimentaria e de como está ao servizo de todos os axentes implicados na alimentación, dende aquelas persoas que producen e venden ata os propios consumidores.

Á vez a presenza de Eo Alimenta no Mercado Ecolóxico de Vegadeo servirá para dar conta dos avances do desenvolvemento da creación da estratexia. Polo de agora tense aberto un formulario para crear o Mapa de Axentes Alimentarios Sostibles do Eo, ou o Enquisa para o estudo da percepción social da Alimentación de proximidade na bacía do Eo. Á vez téñense creado grupos de traballo abertos á participación. Aquelas persoas que estean interesadas en participar na creación colectiva da estratexia poden enviar un email a eoalimenta@usc.es

A Estratexia Alimentaria Participativa do Eo é impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela, e conta na rede de socios co concello de Ribadeo, o concello de Vegadeo, o concello de Castropol, o Sindicato Labrego Galego, a Fundación Edes-Finca el Cabillón, O GDR Oscos Eo, o GDR Terras de Miranda e dispón, ademais, do co financiamento da prestixiosa entidade franco española Fundación Daniel e Nina Carasso. A web www.eoalimenta.org irá recollendo todos os pasos que se vaian dando nesta pioneira estratexia alimentaria.


Otras publicaciones

Logo
Subscríbete a nuestro boletín de novedades para recibir en tu correo las últimas noticias de EoAlimenta:
Ponte en contacto coordinacion@eoalimenta.org
Thank you! Your submission has been received!
Oops! Something went wrong while submitting the form.
Esta web está subvencionada a través da área de Medio Rural,Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.
Update cookies preferences